Troupe: 
un fresquísimo elixir

Troupe

Quen non gozou algunha vez dun momento Troupe? Sales canso de traballar, pos rumbo á casa e, de camiño, pasas por diante dunha vinoteca na que se encontran un bo puñado de amigos. Vente, achéganse a saudarte, intercambiades abrazos, sorrisos e contos e, cando te decatas, xa che colocaron unha copa de viño na man e intentan animarte para que te unhas a eles.

Neste momento, unha incansable parella de enanitos rosmóns emerxe sobre os teus ombros coa única intención de facerte dubidar coa súa acalorada discusión. Así, mentres un se empeña en recordarche que ao día seguinte tamén toca madrugar, o outro procura que non fagas caso a nada do que che di o seu compañeiro. O ton vai subindo ata que, cando te ves atrapado no medio da algarabía, sucede o inevitable: mándalos aos dous a rezar, probas a túa copa de viño e, decididamente, úneste a túa troupe para gozar dun deses momentos verdadeiramente libres, casuais e desenfadados que, coa súa inesperada irrupción, proporcionan as curvas que animan o día a día

E a mañá seguinte a un momento troupe? Pois si: probablemente érgaste un pelín canso e desexando ter durmido uns minutitos máis, pero tamén feliz e pensando aquilo que dicía o tango: que me quiten o bailao!